Bo día familias!!
Hoxe imos continuar con traballo sobre o camareiro "v" que coñecemos onte.
Xa sabedes que o ideal é facer primeiro os trazos en superficies grandes e repasalos primeiro co dedo.
Aquí tedes dúas fichas. Na primeira tedes que repasar os trazos e copialos nas pautas. É mellor que repasedes primeiro co dedo e despois se queredes con rotulador. Para escribir na pauta, preferiblemente con lapis.
Na segunda ficha, hai que ler as palabras co camareiro "v" e unir cada palabra co seu debuxo. Logo hai que escribir a palabra debaixo do seu debuxo e colorear os debuxos.
Para rematar, unha ficha de lectura.
Fonte: Imaxes de pinterest
Biquiños e apertas para tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario