Bo día familias!
Comezamos nova semana e para hoxe temos traballo de lectoescritura.
Recordade que antes de comezar as fichas podedes ver cancións ou contos sobre as letras de letrilandia para ir entrando en materia.
A continuación propoño dúas fichas moi similares. Na primeira, temos que ler as frases, repasalas con rotulador e logo copialas na pauta con lapis. Logo temos que unir a frase correspondente co debuxo da dereita e colorear o debuxo.
Na segunda ficha, temos unha frase para ler. Logo, igual que na ficha anterior, repasamos a frase con rotulador e copiamos na pauta con lápis. No recadro imos a debuxar o que nos di a frase.
Antes de rematar quero deixarvos algunha recomendación para traballar coas fichas do blog.
-Poñede sempre o nome nos vosos traballos. Se podedes facelo en minúsculas mellor.
-Á hora de repasar, tede en conta os puntos e as liñas e seguide o seu trazo.
-Intentade realizar os trazos de forma continua, sen levantar o lapis ou o rotulador ata non rematar a grafía ou a palabra.
-Coloreade os debuxos sempre que sexa posible, aínda que a ficha non o poña no enunciado.
Fonte: Imaxe de dibujosa.com
Ánimo chic@s, estadelo facendo xenial! Moitos biquiños para tod@s
No hay comentarios:
Publicar un comentario