martes, 5 de mayo de 2020

Tesoureiro "d"


Bo día!!
Hoxe imos continuar con traballo sobre o tesoureiro "d". Como levamos uns días sen ver esta letra, recoméndovos que empecedes por recordar a súa historia e a súa canción. Déixovos os enlaces:


A continuación temos dúas fichas. Na primeira hai que colorear o señor "d" e os debuxos que conteñan esta letra. Poden colorear co material que queiran.
Na segunda, imos facer un crucigrama. Primeiro lemos as palabras do recadro e rodeamos as que teñen letra d. Logo imos a colocar esas palabras que rodeamos no crucigrama, tendo en conta os debuxos e a dirección das frechas. 
Por último, unha ficha de lectura coa letra d.


Fonte: Imaxes obtidas de Google, especialmente de Pinterest e Letrilandia, tendo en conta os dereitos de imaxe.



Moitos saúdos e un abrazo enorme aos pequerrech@s.


No hay comentarios:

Publicar un comentario