martes, 19 de mayo de 2020

MARTES, LÓXICA- MATEMÁTICA

Ola familias e cativ@s!!

Para este martes déixovos traballiños de lóxica-matemática. 
Para comezar, unha canción que nos fala das sumas do 1 ao 10, que podemos escoitar antes ou durante a realización das tarefas. 




A continuación temos tres fichas. A primeira é un labirinto no que tedes que axudarlle ao neno a chegar ata a súa casa. Buscade o camiño primeiro co dedo, e unha vez que o atopedes é mellor marcalo con lapis. Logo podedes cubrilo con pintura de dedos, con plastilina, con papeliños de cores, con pegatinas... como vos queirades e segundo os materiais dos que dispoñades. Finalmente, non vos esquezades de colorear os debuxos, con ceras ou rotuladores.

A segunda e a terceira ficha son complementarias. Primeiro tedes que buscar e recortar as fichas que suman os números 8 e 9, e pegalas na seguinte ficha. Logo, tedes que buscar outra forma de sumar 8 e 9, e escribila nas pezas que están en branco. Despois hai que trazar os números na pauta, tendo en conta as frechas. Mellor facelo primeiro con lapis e despois con rotulador. Por último, repasade os números grandes con témpera, rotulador, cera... O que queirades.  




Fonte: Imaxes de pinterest e imagenes educativas.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario