martes, 12 de mayo de 2020

MARTES CON SUMAS

Bos días familias!!

Para este martes imos traballar un pouqiño as sumas, e imos facelo cun elemento moi importante de noso corpo: as nosas mans.

Recordade que antes de facer as sumas na ficha é recomendable facelas antes con algún material manipulable. Hoxe propóñovos empregar os dedos das mans.

En relación a isto temos dúas fichas. Na primeiro hai que contar os dedos que están levantados en cada man e escribir o número no cadrado (mellor con lapis). Logo realizamos a suma e escribimos o resultado no recadro grande. Coloreamos os debuxos das mans.

Na segunda, contamos cantos dedos temos nós en cada man e debuxámolos. Escribimos o número de dedos que temos en cada man e sumamos os que temos en total.
Nos cadrados que hai debaixo da liña discontinua temos que ordenar os números que escribimos na ficha anterior de menor a maior. Logo visualizamos a serie e escribimos o número que falta para que sexa unha serie númerica completa. Para rematar, coloreamos o debuxo das nosas mans.





Fonte: Imaxes obtidas de mundoprimaria





Para rematar, deixo un enlace de xogos online con sumas. Animádevos a entrar e divertirvos!!


Pinchade aquí para acceder.

Moitos biquiños!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario