miércoles, 13 de mayo de 2020

"J" DE JUEVES

Ola familias!!

Hoxe imos continuar con traballo sobre a letra que coñecemos onte, a "J". 

Antes de iniciarnos nas tarefas podedes ver o conto ou escoitar a canción para así recordar a letra que estamos traballando.

A continuación tedes dúas fichas. Na primeira empezamos por repasar o trazo da letra "j" e "J". Mellor facelo primeiro co dedo, despois con lapis e por último con rotulador. Logo hai que rodear a letra "j" e "J", contar cantas hai e poñer o número nos recadros. Por último, facemos a suma e poñemos o resultado. É recomendable escribir os números primeiro con lapis.

Na segunda, temos unha sopa de letras na que tedes que encontrar 5 palabras coa letra "j". Douvos UNHA PISTA: desas 5 palabras, 3 son nomes da aula! Se pensades un pouquiño seguro que xa os sabedes. Cando encontredes as 5 palabras tedes que rodealas e escribilas nas pautas, empezando nas flechas. A recomendación é que deixedes a palabra máis longa para escribir na última pauta, e que escribades as palabras con lapis.

Por último, unha ficha de lectura coa letra "j".





Fonte: Imaxes de letrilandia



Miles de bicos para tod@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario