Ola familias!
Rematamos a semana con lectoescritura, profundizando na letra "d" que coñecemos esta semana.
Recordade que podedes comezar vendo a súa historia ou a súa canción.
Para hoxe temos dúas fichas de escritura e unha de lectura.
Na primeira, hai que ordenar as sílabas para formar a palabra correspondente ao debuxo. Logo escribimos a palabra na pauta, mellor facelo primeiro con lapis. Contamos o número de sílabas (na aula faciámolo empregando as palmas) e escribimos no recadro. Coloreamos os debuxos.
Na segunda temos que repasar o trazo da letra "d" e copialo nas pautas, comezando nas frechas. Lembrade facelo primeiro co dedo, logo con lapis e por último con rotulador.
Para rematar unha páxina de lectura que recompila palabras coas letras traballadas ata o momento.
Importante: non esquezades poñer o nome nos vosos traballos. Se pode ser con minúsculas mellor. Podedes facer un letreiro co voso nome (nun folio ou cartolina) e decoralo como vós queirades. Pode servirvos de referencia para poñer o nome nas vosas tarefas.
Fonte:Imaxes das letras obtidas de letrilandia
Non esquezades que hoxe venres temos no blog de infantil o conto dos venres. Espero os vosos debuxos!!
Boa finde para todos. Miles de bicos e apertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario