jueves, 21 de mayo de 2020

XOVES COA PRESUMIDA B


Ola familias!!
Xa estamos a xoves, e para hoxe deixo traballo para continuar coa presumida "b", a letra que coñecemos onte. Recordade que podedes volver a ver o seu conto e a súa canción antes de comezar o traballo. 

Comparto con vós esta canción sobre a letra "b" que vos aconsello ver antes de comezar o traballo de fichas. 




Hoxe vamos a traballar un pouco as sílabas coa letra "b" e os seus trazos. Na primeira fichas tedes que ler e repasar as sílabas. Logo unir cada sílaba co seu debuxo e colorear os debuxos e a letra "b". 
Na segunda, hai que repasar os trazos e copialos nas pautas. Recordade: primeiro co dedo, logo co lapis e por último con rotulador. 
Para rematar, unha ficha de lectura con esta letra.

Lembrade poñer o nome nos vosos traballos.




Fonte: imaxes de letrilandia e pinterest


Moitos biquiños!


No hay comentarios:

Publicar un comentario