lunes, 25 de mayo de 2020

LUNS: LECTOESCRITURA

Ola familias!!
Hoxe luns imos traballar lectoescritura, coa letra que coñecemos a semana pasada: a presumida "b".

Recordade que podedes empezar realizando os trazos en superficies que sexan máis amplias e repasando con partes do corpo.

Na primeira ficha temos que identificar as letras iguais ao modelo e rodealas. Contamos as que hai e escribimos o número no cadrado. Logo facemos a suma.

Na segunda ficha, lemos e repasamos as sílabas coa b. Logo completamos as palabras coas sílabas que faltan, lemos as palabras resultantes e coloreamos os debuxos.

Para rematar, unha ficha de lectura. 




Fonte: Imaxes de pinterest, Encina e Letrilandia


Moitos biquiños e apertas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario