martes, 26 de mayo de 2020

MARTES CON LÓXICA

Bos días!
Hoxe martes imos traballar un pouquiño de matemáticas e lóxica.

Na primeira ficha temos unha "sopa de letras e números". Hai que buscar e rodear os números e logo escribílos nas pautas de abaixo, ordenados de menor a maior. É recomendable escribilos primeiro con lapis e logo se queredes pódense repasar con rotulador.

Na segunda ficha imos sumar. Temos que contar os puntos que hai en cada ficha e poñer o número no cadrado. Logo facemos a suma e poñemos o resultado no recadro grande.






Ánimo que non queda nada.... Miles de apertas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario