viernes, 15 de mayo de 2020

VENRES: XEOMETRIA

Ola familias!!

Estamos a piques de rematar outra semana, xa queda menos! Recordade que hoxe temos o conto dos venres no blog de infantil, non esquezades velo e enviarnos os vosos debuxos.

Para este venres deixo tarefas para traballar habilidades de lóxica matemática: xeometría, seriación, conteo...
Na primeira ficha tedes unha imaxe con varias figuras xeométricas. Hai que recoñecer as figuras e colorear cada unha da súa cor, segundo nos indica a lenda. Pódese colorear con ceras, rotuladores ou lapis, como prefirades. Logo tedes que contar cantas figuras hai de cada modelo e poñer o número na liña, isto mellor escribilo con lapis.

Na segunda ficha temos dúas series que debemos continuar, tendo en conta varios criterios: a forma, o tamaño e cor. Na segunda serie podedes escoller as cores que vos queirades, sempre tendo en conta que é unha serie e que non se trata de pintar cada figura como nos queiramos. Entón escollemos 4 cores (por exemplo, laranxa, morado, marrón e gris) e pintamos as figuras seguindo esa serie de cores. Podedes colorear con lapis, ceras ou rotuladores.



Fonte: Imaxe obtida de Slideshare


Espero que pasedes boa fin de semana. Volvemos o luns. Coidádevos moito! Miles de bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario