Bo día a tod@s!!
Hoxe venres imos traballar sobre algo importantísimo para nós: O NOSO CORPO!
Empezamos por pensar como somos e cal é o noso xénero: son un neno ou unha nena? En función da resposta, escollemos a primeira ou a segunda ficha. Polo tanto, non tedes que imprimir as dúas, só a que se corresponde co voso xénero: se son un neno imprimo a primeira e se son unha nena a segunda.
Unha vez que imprimimos a nosa ficha, temos que completar coas partes que faltan da cara e logo colorear tódalas partes do corpo. Pensa na cor da túa pel antes de colorear para que se pareza a ti o máximo posible. Logo temos que recortar as pezas e unilas. Para iso podemos empregar lá, fío, encuadernadores, broches, pegamento, celo... en función do material do que dispoñades.
RECORDADE: Antes de pegar as pezas é importante unilas e colocalas adecuadamente. Cando as teñamos ben colocadas é cando as unimos co material do que falamos antes; e así teremos unha marioneta de nós mesmos.
Na terceira ficha, tedes que debuxar o voso corpo no recadro. Mellor facer o debuxo con lapis e logo colorear como queirades: con ceras ou rotuladores. Recordade debuxar tódalas partes do voso corpo.
PROPOSTA: Propóñovos que me enviedes todos os vosos debuxos e o venres da semana que vén publicalos no blog. Podedes envialos igual que os dos contos dos venres, ao meu correo ou Whatsapp individual, en formato imaxe (JPEG OU PNG)
Fonte: Imaxes de pinterest
Para rematar, deixovos un xogo interactivo sobre o corpo. Pinchade aquí para acceder.
Recordade que tamén podedes xogar na casa coas vosas familias ao xogo de "Simón di" que tanto nos gustaba facer na aula.
Que teñades boa fin de semana. Moitos biquiños!
No hay comentarios:
Publicar un comentario