martes, 19 de mayo de 2020

A PRESUMIDA "B"

Bo día!!!
Comezamos letra nova: a presumida "b". Como en tódalas letras, empezamos por ver e escoitar o seu conto e a súa canción.




Fonte: Conto e canción de letrilandia



Unha vez que coñecemos a historia desta letra, imos ao traballo de fichas. É recomendable empezar por debuxar os trazos en superficies grandes e con partes do noso corpo; no chan, na pizarra... Tamén podemos empregar xoguetes. Por exemplo, debuxamos o trazo da presumida b e repasámolo cun coche. Son pequenas ideas, para isto deixade voar a vosa imaxinación.

Logo temos dúas fichas coas que sempre comezamos nova letra.  Na primeira, temos que repasar os trazos da letra b, en maiúscula e minúscula. Primeiro co dedo e logo podedes facelo con pintura de dedos, pegatinas, papeis de cores, rotulador... Non vos esquezades de colorear a presumida "b".

Na segunda, repasamos os trazos e imos lendo as sílabas. Mellor facelo primeiro co dedo, logo con lapis e por último con rotulador. Lemos a palabra que está debaixo do recadro e facemos o debuxo desa palabra. Coloreamos o debuxo e a presumida "b".

Non vos esquezades de poñer o nome aos vosos traballos. 





Fonte: Imaxes obtidas de letrilandia e pinterest.


Moitos biquiños e apertas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario