Imos comezar esta semana traballando aspectos como a atención a partir de algo fundamental para nós: O noso corpo.
Para comezar, deixo esta canción que podedes poñerlles aos cativ@s e incluso bailar con eles.
Fonte: ChuchuTVEspañol. Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=71hiB8Z-03k&t=46s
Na aula xogábamos a Simón di, un xogo moi sinxelo que aos nenos lles gusta moito. Decimos "Simón di" e unha parte do corpo, e eles teñen que tocar esa parte. Por exemplo, "Simón di boca". Pero de vez en cando decimos só a parte do corpo. Por exemplo, "boca", entón eles non poden tocar esa parte. Tamén podedes deixar que eles fagan de Simón e dean a orde, encántalles!
Con este traballo previo pasamos ás fichas, onde traballaremos aspectos como a atención e a percepción visual.
Na primeira, hai que buscar 5 diferencias e colorear o debuxo da nena máis alta. Como estamos traballando o concepto ALTA/O, podemos coller obxectos que teñamos pola casa e facer comparacións: vemos cal é máis alto, agrupamos e contamos os máis altos, facemos series alto-baixo... hai moitas posibilidades.
Na segunda, temos dúas tarefas. Primeiramente hai que contar o número de elementos dos debuxos e escribilo no recadro. Por exemplo, 2 ollos. Logo hai que rodear e colorear os pés e mans que son iguais ao modelo. Poden riscar os outros si lles resulta máis doado.
Por último, na terceira elaboramos a nosa ficha. Completamos os nosos datos e facemos o debuxo do noso corpo.
Imaxes obtidas de varias páxinas de internet, tendo en conta os dereitos de autor e sen querer infrinxilos.
Moitos saúdos e moitos biquiños aos nen@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario