Bos días!!!
Hoxe para comezar quero deixarvos os retratos e marionetas que fixestes a semana pasada, gústanme un montón!! Grazas pola vosa implicación e colaboración, aquí os comparto para que tod@s poidades velos.
Como se aprecia nos debuxos, tod@s sodes diferentes, pero tod@s e cada un/unha de vós sodes especiais... E pensando nisto recordo unha canción que bailamos este ano na escola e que tanto nos gusta... Sabedes cal vos digo?? Seguro que si! Aquí vola deixo para que poidades escoitala outra vez, e espero que tamén bailedes e cantedes tan ben como o fixestes na escola.
E agora as vosas obras de arte...
A continuación déixovos un xogo relacionado co corpo. Animádevos a xogar con papá, mamá, os avós, os irmáns... Con quen queirades!!
Pódese decir que é unha "oca" sobre as partes do corpo, polo tanto precisades un dado e tamén algún utensilio para colorear. Para xogar, soamente tedes que seguir as instruccións que indica a imaxe. Asi que preparados, listos...a xogar!!
Fonte:islcollective.com
E agora pensade nunha persoa a que queirades moito... Pode ser alguén da vosa familia, algún amigo, a persoa que xogou con vós a esa oca... Tedes que pensar nesa persoa e debuxala. Déixovos unha plantilla pero pódese facer o debuxo nun folio, non tedes que imprimir necesariamente.
Animádevos a enviarme os vosos traballos, gustame moito ver os vosos debuxos.
Que teñades un bo fin de semana, coidádevos moito!! Miles de bicos