viernes, 24 de abril de 2020

VENRES!!

Ola familias!!
Imos rematar a semana con un poquiño máis de lecto. Como esta semana nos iniciamos no estudo da letra "t" podemos comezar recordando a súa historia ou a súa canción. 
A continuación, dúas fichas. Na primeira temos 4 debuxos coas súas correspondentes palabras. Hai que ler as palabras e unir cada debuxo coa súa palabra. Logo escribir cada palabra debaixo do debuxo e colorear os debuxos.

Na segunda, toca pensar... primeiro pensar unha palabra que conteña a letra "t" (pode ser ao inicio de palabra ou no medio), debuxala e intentar escribila coa axuda das nosas familias. Debuxamos e coloreamos cos materiais que nós queiramos. 
Por último pensamos no noso nome (podemos escribilo con lápis para visualizar mellor as letras), observamos se ten a doutora "t" e marcamos a casilla correspondente.
Para finalizar, unha ficha de lectura. 

Recordade que hoxe é venres, polo que no blog de infantil temos para vós un conto e a ficha, como viñamos facendo na escola. Enviade as imaxes dos vosos debuxos, gustanos moito ver os resultados.
Boa finde, saúdos e un biquiño para @s cativ@s!


Fonte: Imaxes obtidas de diversas páxinas de internet, sen pretender infrinxir en ningún caso os dereitos de autor.


Fonte: Imaxes de letrilandia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario