Bos días!!
Empezamos unha nova semana, estades preparad@s?? Imos comezar este luns con un pouquiño de matemáticas, concretamente sumas.
Antes de realizar as fichas é aconsellable que os nenos realicen sumas con calquera obxecto real que eles poidan manipular: ceras, lápis, rotuladores, macarróns... o que teñades a man. Podedes dicirlle vós a cantidade e que eles collan os obxectos e os sumen.
Déixovos un exemplo na seguinte imaxe.
Agora si, pasamos ao traballo de fichas. Ambas son similares. Na primeira, contamos os obxectos que hai en cada grupo e poñemos o número no recadro. Logo realizamos a suma e debuxamos os obxectos que hai en total. (por exemplo na primeira debuxamos 5 estrelas). Por último coloreamos tódolos debuxos.
Na segunda, debuxamos os obxectos que faltan en cada grupo. Por exemplo, no primeiro grupo ten que haber 6 nubes e hai 2, pois temos que debuxar 4.Cando teñamos os obxectos debuxados realizamos a suma. Igual que na ficha anterior, debuxamos o resultado e coloreamos os debuxos.
Moito ánimo e paciencia... Xa queda menos e estadelo facendo xenial.
Miles de bicos pequerrech@s
No hay comentarios:
Publicar un comentario