Bos días!
Hoxe mércores déixovos algo máis de lectoescritura: continuamos coa doutora "t", polo que podedes comezar recordando a súa canción.
Logo sería interesante que trazarades esta letra nunha superficie amplia: no chan, na pizarra, nun papel grande... e que os nenos poidan repasala coas partes do corpo e de diversas formas. Por exemplo, debuxámola con tiza no chan e repasamola cos pés, a pata coxa, logo cunha man...
Esta imaxe é un exemplo realizado na aula co número 1.
A continuación pasamos ao traballo de fichas. Na primeira, hai que buscar e rodear as letras correctas, contar cantas hai correctas e poñer o número nos recadros de abaixo. Logo facemos a suma.
Na segunda, repasamos o trazo da t e logo intentamos realizala nós nas liñas de abaixo. Recordade: primeiro co dedo, logo con lápis e por último con rotulador. Neste último exercicio de copia da letra t pode que precisen máis axuda, polo que se vedes que se frustran porque non lles sae podedes marcarllas vós con lápis por exemplo e eles repasalas con rotulador. Recordade que estamos aprendendo.
Por último, unha ficha de lectura coa letra t e outras letras xa traballadas con anterioridade. Aquí o meu consello é que teñades moita paciencia e non forzar: non pasa nada se non sae algunha letra ou algunha palabra, axudámoslles se o precisan. Que se sintan apoioados neste proceso.
Moito ánimo, estadelo facendo xenial!! Recordade que podedes enviarme imaxes dos vosos traballos. Moitos biquiños aos nen@s.
Imaxes da letra t obtidas do material de letrilandia
No hay comentarios:
Publicar un comentario