martes, 28 de abril de 2020

MARTES DE LECTOESCRITURA

Bo día familias!!
Hoxe martes continuamos con algo de lectoescritura, afondando na letra "t". Recomendo comezar repasando o seu trazo en superficies amplas: na pizarra, no chan, nun folio completo... durante 3 veces polo menos.
Logo pasamos as fichas. Na primeira lemos as sílabas e as palabras, repasámolas co dedo e debaixo copiámolas con lápis. 
A segunda e a terceira ficha son complementarias. Na segunda temos que ler as palabras, buscar as letras "t" e rodealas. Logo recortamos as súas sílabas e na seguinte ficha pegámolas ordenadas, no debuxo correspondente. Por último, coloreamos os debuxos.

Para rematar unha ficha de lectura. Son palabras máis longas, con máis dificultade... @s nen@s precisarán a vosa axuda, paciencia e se algunha non sae non pasa nada, recordade que estamos aprendendo. 




Fonte: Debuxos obtidos de pinterest.

Fonte: Imaxes de letrilandia

Saúdos e moitos bicos aos pequerrech@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario