jueves, 23 de abril de 2020

1,2,3... MATES!!

Ola familias!!
Hoxe imos traballar algo de lóxica-matemática. Para empezar, escoitamos unha canción das que máis nos gusta os nenos e nenas de 5 anos, e tamén a profe!!




A continuación dúas fichas de repaso de números.  Na primeira delas temos que completar os vermes cos números que faltan, seguindo a súa orde ascendente ou descendente, dependendo da dirección do verme. Poden escribir os números primeiro con lápis e logo con rotulador. Por último, colorear o gusano máis longo (preferiblemente con ceras) e rodear o máis curto.
Na segunda, temos que completar as táboas cos números anterior e posterior que faltan. Para facilitar un pouco o traballo podemos ter como referente o verme da ficha anterior (o que chega ata o 10) e así visualizar os números do 1 ao 10. Ao igual que na ficha anterior, é recomendable escribilos primeiro a lápis e, unha vez que o trazo sexa correcto, podemos repasar con rotulador. Logo coloreamos o número maior en cada tabóa e escribimos no recadro o número maior de todos.


Deixo para rematar un enlace no que os nenos poden realizar xogos interactivos de números. 
Pinchade aquí para acceder. 
Moito ánimo, xa queda menos!! Un biquiño grande aos pequerrechos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario