Igual que viñamos facendo na aula, imos empezar por ver a historia desta letra.
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=tNZs2q1YVCE, contos de Letrilandia
Unha vez visto o conto, deixo estas fichas sobre a doutora t. Na primeira ficha, é recomendable empezar por repasar o trazo co dedo dúas ou tres veces. Logo poden realizar o trazo por dentro con rotulador ou pintura de dedos e rematar coloreando a doutora t co material que prefiran (ceras, rotuladores, ou lápis de cores).
Na segunda, empezamos por silabear: t con a ta, t con e te... despois repasamos o trazo ta, te, ti, to, tu co dedo e logo con rotulador. Lemos e repasamos a palabra "tila" e finalmente coloreamos a doutora t como queiramos.
Engado para rematar unha ficha de lectura con esta letra.
Imaxes obtidas do material de Letrilandia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario