Bo día familias!!
Neste mércores imos coñecer unha letra nova: a letra "d".
Ao igual que facíamos na aula, imos empezar por ver a súa historia e a súa canción.
Fonte: YOUTUBE, CONTOS DE LETRILANDIA, LETRA D. Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=I421Pilrxjk
Fonte: YOUTUBE, CANCIONS DE LETRILANDIA, LETRA D. Enlace https://www.youtube.com/watch?v=PBx7sSVRC_0
A continuación pasamos ao traballo individual de fichas coa letra "d". Son moi similares as que fixemos coa letra t, polo que vos resultarán doadas.
Na primeira, repasamos as letras D (maiúscula) e d (minúscula). Primeiro co dedo varias veces e logo podemos decoralas co material que prefirades: pintura de dedos, plastilina, gomets, rotulador... o que vós prefirades en función do material do que dispoñades na casa. Finalmente coloreamos o señor "d" tamén co material que queirades.
Na segunda, repasamos o señor "d" co dedo, imos unindo esta letra con cada vocal e lemos as sílabas. Debaixo, repasamos as sílabas da letra d con dedo, lápis e rotulador. Repasamos e lemos tamén a palabra coa letra d e facemos un debuxo da mesma no recadro. Coloreamos o señor d.
Rematamos con unha ficha de lectura da letra "d".
Fonte: imaxes letra d obtidas de letrilandia
Moitos saúdos, unha aperta moi grande para @s nen@s.