martes, 26 de enero de 2021

"MOVÉMONOS AO RITMO DOS ANIMAIS"

 Nas nosas sesións de psicomotricidade comezamos movendo o noso corpo con diferentes movementos de animais. Entre os nosos animais preferidos están os seguintes:




ELEFANTE: camiñamos cara adiante levantando e baixando unha man, simulando a trompa dun elefante.




RÁ: desprazámonos dando saltos, apoiando as mans e os pés no chan.






COELLO: avanzamos dando saltos cos pés xuntos.






CANGREXO: colocámonos de lado e imos camiñando nesta posición, coas mans levantadas movendo os dedos coma se foran as pinzas dun cangrexo.




SERPE: deitámonos no chan e imos arrastrando o noso corpo. Tamén podemos facelo de pé, xuntando as nosas mans, e movéndonos facendo a forma da letra "S".


OSO: camiñamos ao tempo que as nosas mans simulan as garras do oso.

PAXARO: movemos as nosas mans imitando ás dun páxaro.








No hay comentarios:

Publicar un comentario