sábado, 30 de enero de 2021
RELAXACIÓN
A relaxación tamén é unha parte importante nas sesións de psicomotricidade, especialmente despois de realizar actividades físicas.
Hoxe deixamos un recurso para poder descansar e relaxarnos a través de Ioga.
martes, 26 de enero de 2021
"MOVÉMONOS AO RITMO DOS ANIMAIS"
Nas nosas sesións de psicomotricidade comezamos movendo o noso corpo con diferentes movementos de animais. Entre os nosos animais preferidos están os seguintes:
RÁ: desprazámonos dando saltos, apoiando as mans e os pés no chan.
COELLO: avanzamos dando saltos cos pés xuntos.
CANGREXO: colocámonos de lado e imos camiñando nesta posición, coas mans levantadas movendo os dedos coma se foran as pinzas dun cangrexo.
SERPE: deitámonos no chan e imos arrastrando o noso corpo. Tamén podemos facelo de pé, xuntando as nosas mans, e movéndonos facendo a forma da letra "S".
"IMOS CAZAR UN OSO"
O conto que aquí vos deixo encántanos! É un conto motor onde os nenos van realizando as accións que suceden no conto.
viernes, 22 de enero de 2021
Suscribirse a:
Entradas (Atom)