Bo día!!
Imos rematar a semana coñecendo unha letra nova... a "r". Veredes que esta letra ten dous sons, un forte e un suave.
Imos a coñecer as súas historias e coñecer a súa canción.
A continuación dúas fichas coas que empezaremos a coñecer esta letra.
Na primeira, tedes que repasar e colorear o pallaso r. Xa sabedes que podedes facelo co material que prefirades, e logo colorear a letra.
Na segunda, lemos e repasamos as sílabas con esta letra. Por norma xeral, cando temos unha sola "r" soa suave e cando temos dúas "rr" soa forte. Tamén soa forte cando a palabra empeza por r.
Por último, coloreamos os debuxos e lemos a ficha de lectura.
Moitos biquiños e boa finde para tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario