Bos días nen@s e familias!
Chegamos á recta final deste curso tan atípico e diferente... e ao mesmo tempo chegamos a recta final dunha etapa moi importante para o noso desenvolvemento e futura aprendizaxe: a ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL.
Este ano tocounos vivir unha despedida moi distinta e inesperada. Sen bicos, sen abrazos, sen ensaios de canción de fin de curso, sen clases repletas de sorrisos, sen trasnadas no patio... Todo iso que tanto boto de menos volverá; pero neste momento, e moi ao meu pesar, teño que despedirme a través das tecnoloxías.
Para min non é nada fácil despedirme de vós. Coñecinvos un setembro de 2017, con caras de incerteza, inseguridade, medo e algunha bágoa; pero día a día foron saíndo de vós pequenos sorrisos que alegraban as mañás e que fixeron que vos collera un cariño moi especial. Pouco a pouco fostes crecendo a agora sodes tan maiores que ides pasar a educación primaria... Pero sabedes que? Que tod@s vós sodes super maiores e estades preparadísimos para comezar esta nova etapa!
Este trimestre demostrástelo, afrontando o coronavirus desde as vosas casas, protexéndovos, coidando de vós e dos vosos seres queridos, traballando e aprendendo día a día!! Por todo iso, para min sodes uns héroes e estou moi orgullosa de vós.
Solo me queda darvos as GRAZAS.
Grazas aos meus nen@s por todos os bos momentos que me regalastes durante estes 3 anos.
Grazas a vós familias pola vosa confianza, paciencia e implicación, especialmente estes últimos días. Sen a vosa axuda todo isto non sería posible.
Quero rematar desexandovos un bo verán, desfrutade moito que o tedes moi merecido. Desexarvos tamén todo o mellor na etapa de educación primaria, eu confío en vós porque sodes grupo xenial e ides seguir crecendo e aprendendo un montón.
Para min sempre seredes "os meus nenos", vouvos estrañar moito... Quérovos un montón!!
Ata pronto.
A profe Susana