jueves, 18 de junio de 2020

ADIÓS A INFANTIL

Bos días nen@s e familias!

Chegamos á recta final deste curso tan atípico e diferente... e ao mesmo tempo chegamos a recta final dunha etapa moi importante para o noso desenvolvemento e futura aprendizaxe: a ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Este ano tocounos vivir unha despedida moi distinta e inesperada. Sen bicos, sen abrazos, sen ensaios de canción de fin de curso, sen clases repletas de sorrisos, sen trasnadas no patio... Todo iso que tanto boto de menos volverá; pero neste momento, e moi ao meu pesar, teño que despedirme a través das tecnoloxías.

Para min non é nada fácil despedirme de vós. Coñecinvos un setembro de 2017, con caras de incerteza, inseguridade, medo e algunha bágoa; pero día a día foron saíndo de vós pequenos sorrisos que alegraban as mañás e que fixeron que vos collera un cariño moi especial. Pouco a pouco fostes crecendo a agora sodes tan maiores que ides pasar a educación primaria... Pero sabedes que? Que tod@s vós sodes super maiores e estades preparadísimos para comezar esta nova etapa! 

Este trimestre demostrástelo, afrontando o coronavirus desde as vosas casas, protexéndovos, coidando de vós e dos vosos seres queridos, traballando e aprendendo día a día!! Por todo iso, para min sodes uns héroes e estou moi orgullosa de vós.

Solo me queda darvos as GRAZAS.
 Grazas aos meus nen@s por todos os bos momentos que me regalastes durante estes 3 anos. 
Grazas a vós familias pola vosa confianza, paciencia e implicación, especialmente estes últimos días. Sen a vosa axuda todo isto non sería posible.

Quero rematar desexandovos un bo verán, desfrutade moito que o tedes moi merecido. Desexarvos tamén todo o mellor na etapa de educación primaria, eu confío en vós porque sodes grupo xenial e ides seguir crecendo e aprendendo un montón. 

Para min sempre seredes "os meus nenos", vouvos estrañar moito... Quérovos un montón!!

Ata pronto. 
A profe Susana 


martes, 16 de junio de 2020

MÉRCORES 16 DE XUÑO

Bos días!!!

Xa estamos a mércores desta última semana de colexio... O verán xa está ahí! E hoxe quero deixarvos unha serie de recomendacións para estes meses de vacacións de verán.

O máis importante... coidarse, xogar moito e ler moitos contos.



Miles de bicos!

MARTES DE LOXICA-MATEMÁTICA

Bo día!!

Hoxe imos repasar números e lóxica.

Os primeiros debuxos que vos deixo son para unir con puntiños, podedes imprimir os que queirades, tedes distintas opcións.

Nas dúas últimas fichas temos repaso de números e xeometría. 

Xa que estamos as portas das vacacións do verán..escollede as que máis vos gusten para facer.








Fonte: Imaxes de Blanca Besga Martínez. Obtidas a través de Facebook, grupo actividades infantiles.



lunes, 15 de junio de 2020

LUNS 15 DE XUÑO

Bos días!!

Comezamos nova semana e entramos na recta final, na última semana deste curso académico.

Hoxe imos repasar a escritura e a lectura. Para iso, na primeira ficha tedes que debuxarvos a vós e a dous amig@s, e escribir os nomes de todos. Non esquezades colorear o debuxo.

Na segunda, imos escribir o nome de 5 comidas que vos gusten moito e debuxar algunha delas. 

E para rematar, algo de lectoescritura.




Miles de bicos!!

viernes, 12 de junio de 2020

O PALLASO R

Bo día!!

Imos rematar a semana coñecendo unha letra nova... a "r". Veredes que esta letra ten dous sons, un forte e un suave. 

Imos a coñecer as súas historias e coñecer a súa canción.








A continuación dúas fichas coas que empezaremos a coñecer esta letra. 
Na primeira, tedes que repasar e colorear o pallaso r. Xa sabedes que podedes facelo co material que prefirades, e logo colorear a letra.

Na segunda, lemos e repasamos as sílabas con esta letra. Por norma xeral,  cando temos unha sola "r" soa suave e cando temos dúas "rr" soa forte. Tamén soa forte cando a palabra empeza por r.

Por último, coloreamos os debuxos e lemos a ficha de lectura.






Moitos biquiños e boa finde para tod@s!

jueves, 11 de junio de 2020

XOVES

Ola familias!!
Hoxe seguimos repasando as letras que estivemos vendo estes días: z, c, qu. Recordade repasar cos nen@s os seus sons.

Na primeira ficha temos unha sopa de letras na que temos que localizar palabras con estas letras. Rodeámolas e logo escribímolas no recadro que corresponda en función da letra que conteñan (z, c ou qu). É aconsellable escribilas con lapis.

Na segunda, lemos as frases e repasámolas (primeiro mellor co dedo e logo si queredes con rotulador). A continuación copiamos a frase na pauta con lapis e facemos un debuxo desa frase no recadro.

Para rematar, unha ficha de lectura.






Moitos biquiños!!

miércoles, 10 de junio de 2020

LETRAS Z, C E QU

Ola familias!

Hoxe imos con lectoescritura. Imos a repasar e coñecer letras que, en función da vogal que leven ao seu lado, soan dunha maneira ou doutra. Falamos das letras z, c e qu.

Na primeira ficha, repasamos as letras e os sons que xa vimos estes días. É importante que recordedes cos nenos como soan coas súas vogais.
Lemos as sílabas e repasámolas. Logo pasamos aos debuxos, analizamos que é cada un deles e escribímolo na pauta de abaixo. Mellor escribir con lapis. Por último coloreamos os debuxos. 

Na segunda ficha, imos ver outro son da enfermeira c e imos a coñecer a unha letra nova: o trapecista qu. Recomendo que verbalicedes aos nenos cada sílaba e que eles a repitan.
Logo, repasamos e lemos as sílabas. Unimos cada sílaba inicial co seu debuxo. Despois lemos as palabras de abaixo e unimos cada palabra co seu debuxo. 
Por último, coloreamos os debuxos. 

Para rematar, unha ficha de lectura con estas letras.






Non esquezades poñer o nome nos vosos traballos. 
Ánimo que xa non queda nada!!
Biquiños!

martes, 9 de junio de 2020

MARTES: MATES

Ola familias e nen@s!!

Hoxe martes imos repasar sumas con dúas fichas. 
Na primeira temos que colorear os círculos do pallaso segundo o resultado da suma. Por exemplo, no primeiro (0+5) son 5, entón coloreámolo de azul. Podedes realizar as sumas con calquera tipo de material (con ceras, cos dedos das vosas mans, con lapis ...) e ir coloreando os círculos en función do resultado que ides obtendo. É recomendable colorear os círculos con ceras ou lapis de cores.

Na segunda, temos unha cantidade de obxectos e o número correspondente a esa cantidade escrito no cadrado de abaixo. Logo, no recadro grande, temos escrito o resultado. Temos que buscar o número que falta para conseguir que a suma deses obxectos sexa o número escrito no recadro grande. 
Recomendo que tamén utilicedes algún material manipulativo para ir realizando estas sumas. 
É mellor escribir o número con lapis, logo debuxar os obxectos correspondentes con esa cantidade e por último colorear os obxectos. 


Fonte: Imaxe de pinterest




Miles de apertas para tod@s.

domingo, 7 de junio de 2020

LUNS: Z e C


Bos día a tod@s!

Comezamos nova semana... e imos facelo repasando as dúas letras que coñecemos a semana pasada: a señora z e a enfermeira c.

Na primeira ficha é recomendable empezar por repasar o trazo das letras z, c (co dedo, con pintura de dedos, con cera, con rotulador...). Logo temos que buscar estas dúas letras no recadro e rodealas. Hai que fixarse ben, que o trazo das letras sexa o correcto. Por último, contamos cantas letras son correctas en cada grupo, poñer o número no recadro e facer a suma. 

Na segunda temos que repasar os trazos e despois copialos nas pautas (primeiro co dedo, logo co lapis e por último con rotulador). 

Para rematar, unha ficha de lectura con estas dúas letras.


Fonte: Imaxes de letriladia

Moitos biquiños!!!

viernes, 5 de junio de 2020

A LETRA "C" CON E,I

Ola familias!

Esta semana coñecemos a señora z e vimos que soamente soa con algunhas vogais (a, o, u). Hoxe imos ver a letra C e saber como soa cando vai coas  as vogais "e", "i".

Comezamos por escoitar a súa historia e a súa canción.




A continuación temos as fichas iniciais do trazo desta letra. Na primeira temos que repasar a letra c. Primeiro é mellor facelo co dedo e logo co material que prefirades (lápis, rotulador, cera, pegatinas, pintura de dedos...). Lembrade colorear a enfermeira c.

Na segunda, lemos as sílabas e as palabras coa c e repasamos co dedo, con lapis e con rotulador. Lemos a palabra escrita debaixo do recadro e facemos o debuxo correspondente. Coloreamos a enfermeira c.

Por último, unha ficha de lectura. 


Fonte: Imaxes de letrilandia

Que teñades boa fin de semana. Moitos biquiños!!



jueves, 4 de junio de 2020

SEGUIMOS COA "Z"

Bo día!

Hoxe imos profundizar co trazo da letra z e as súas sílabas (za, zo, zu).

Para comezar propoño facer os trazos en superficies amplas. Deixo algúns exemplos:





Fonte: Pinterest, actividades infantil



A continuación pasamos as fichas. Na primeira temos que repasar e copiar os trazos nas pautas. Primeiro co dedo, despois co lapis e por último con rotulador.

Na segunda, hai que repasar as sílabas za zo zu seguindo o procedemento anterior e logo completar a palabra coa sílaba que falta. Repasamos a palabra e copiámola abaixo, na pauta. Para copiar, mellor facelo con lapis. Por último, coloreamos os debuxos.

Para rematar, unha ficha de lectura. 


Fonte: Imaxes de pinterest, enducima.com e dibujos.net




Biquiños e apertas para tod@s!

martes, 2 de junio de 2020

A SEÑORITA "Z"

Ola familias!!

Hoxe imos coñecer unha letra nova: a señorita "z". 
Comezamos coma sempre coa súa historia e coa súa canción.




A continuación pasamos as fichas. Recordade que primeiro é recomendable realizar os trazos en superficies amplias e repasalos con algunha parte do corpo.

Na primeira ficha temos que repasar os trazos da letra z, primeiro co dedo e logo como queirades: pintura de dedos, rotuladores, pegatinas, plastilina... non esquezades colorear a señora "z"

Na segunda temos que ler e repasar os trazos coa letra "z". 
Para rematar, unha ficha de lectura. 

ATENCIÓN: Fixádevos que a z non vai con tódalas vocais!!






Fonte: Imaxes de letrilandia

Apertas para tod@s!


MARTES CON MATES

Ola a tod@s!

Hoxe imos traballar un pouco de lóxica-matemática, concretamente sumas. 

Para empezar, é recomendable que @s nen@s realicen sumas con calquera tipo de material  que teñades pola casa e que eles poidan manipular. 
Tamén se poden realizar materiais caseiros moi interesantes, cos que podemos sumar mentres xogamos. Aqui vos deixo un exemplo:








A continuación temos o traballo de fichas. Na primeira temos que debuxar o número de obxectos que indica no recadro. Podedes debuxar o obxecto que vos queirades, e logo facer a suma.

Na segunda, hai que contar o número de lúas en cada fila e poñer o número no recadro que está ao lado. Logo sumamos e poñemos o resultado debaixo da liña.

Non vos esquezades de poñer o nome e colorear os debuxos. 





Antes de rematar, deixo un xogo interactivo para seguir sumando. Animádevos! Tedes que pinchar aquí para entrar.

Miles de biquiñ@s!!

lunes, 1 de junio de 2020

SOAN IGUAL!

Bo día familias!
Comezamos nova semana e novo mes...xa estamos en xuño, non queda nada! 
Hoxe imos recordar dúas letriñas que aprendemos en semanas anteriores. Son diferentes, pero soan igual. 
Son a presumida b e o camareiro v, e as fichas de hoxe son un repaso destas letras. Na primeira, hai que repasar os trazos ao tempo que imos lendo as sílabas. Recordade...primeiro co dedo, logo con lapis e finalmente con rotulador. Coloremos o debuxo das letras.
Na segunda, temos que pensar dúas palabras: unha coa letra b e outra coa letra v. Debuxamos e escribimos esas palabras no recadro correspondente e coloreamos o debuxo.
Para rematar, unha ficha de lectura.






Fonte: Imaxes de letrilandia


Biquiños para tod@s!