"FUN AO MERCADO", MARÍA FUMAÇA
"CHUCUWA", CANTAXOGO
"FUN AO MERCADO", MARÍA FUMAÇA
"CHUCUWA", CANTAXOGO
Fonte: Imaxe de Pinterest
1. LANZAMOS A PELOTA
Realizamos lanzamentos de pelota con distintas partes do corpo: coas mans, cos pés, coa man dereita, coa man esquerda, Podemos marcar un punto no chan desde donde podemos lanzar e ir situándonos cada vez máis lonxe.
2. PELOTAS AO ARO
Podemos xogar por parellas. Unha persoa ten un aro e outra unha pelota. Intentamos encestar a pelota dentro do aro. Podemos ir variando a parte do corpo coa que lanzamos e a distancia a que nos situamos.
Cando conseguimos meter 3 canastas, cambiamos de rol: a persoa que tiña o aro colle a pelota e a que tiña a pelota colle o aro.
3. BOMBA
É un xogo en equipo. Os xogadores séntanse no chan formando un círculo, excepto un deles que queda de pé fóra do círculo. Os xogadores que están no círculo van pasando a pelota mentras a persoa que está fóra do círculo conta ata 30. Cando chegue a ese número di "bomba" e a persoa que nese momento teña a pelota na man queda eliminada. O xogo continúa de xeito que os membros do círculo teñen que pasar a pelota saltando aos que están eliminados e pasar a pelota a seguinte persoa.
4. PELOTAS MÁXICAS
Este xogo realizase por parellas. Cada parella ten unha pelota e deben ir pasando imitando o movemento dun animal. Por exemplo: "canguro"=pasamos a pelota botando, "paxaro"=pasar a pelota sin que toque o chan, "serpe"=pasar a pelota rodando polo chan.
Nome do xogo: Simón di
Desenvolvemento: Un dos participantes no xogo é Simón, que será o que dirixe o xogo. Simón di unha acción ou unha parte do corpo. Por exemplo, "Simón di nariz" e os demais teñen que tocar o seu nariz. O que non o faga, queda eliminado. Cando Simón di soamente a parte do corpo, sen dicir antes a frase "Simón di" os participantes non deben facer ningunha acción nin tocar ningunha parte do corpo, pois de facelo estarían eliminados.
Nas nosas sesións de psicomotricidade comezamos movendo o noso corpo con diferentes movementos de animais. Entre os nosos animais preferidos están os seguintes:
RÁ: desprazámonos dando saltos, apoiando as mans e os pés no chan.
COELLO: avanzamos dando saltos cos pés xuntos.
CANGREXO: colocámonos de lado e imos camiñando nesta posición, coas mans levantadas movendo os dedos coma se foran as pinzas dun cangrexo.
SERPE: deitámonos no chan e imos arrastrando o noso corpo. Tamén podemos facelo de pé, xuntando as nosas mans, e movéndonos facendo a forma da letra "S".
O conto que aquí vos deixo encántanos! É un conto motor onde os nenos van realizando as accións que suceden no conto.